23 de dec. de 2022

O BAIXO MIÑO / VAL MIÑOR

MODELO DE ESCRITO DE ALEGACIÓNS AO PARQUE EÓLICO TOROÑA


Foto: C.O.R.

Infogauda / O Baixo Miño / Val Miñor

 No día de hoxe recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, un modelo de escrito de alegacións ao parque eólico Toroña. 

 Por si os amables lectores de Infogauda, desexan presentar os correspondentes escritos de alegacións, a continuación facilitamos un modelo ao efecto. 


XUNTA DE GALICIA 

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación  

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais 

San Caetano s/nº

15781 - Santiago de Compostela  


Asunto:  

Alegacións á RESOLUCIÓN do 01/12/2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, publicada no DOG do 12/12/2022 pola que se someten a información pública as solicitudes autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do PARQUE EÓLICO TOROÑA, expediente IN408A 2020/149, situado nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e O Rosal (Pontevedra) 


D/Dª _________________________________________________________________ con DNI. Núm ______________________, con domicilio para notificacións en _____________________________________________________________C.P.___________, concello de ____________________________, provincia__________________________, teléfono ________________________,    


EXPOÑO: 

ALEGACIÓN 1. Falla de xustificación da necesidade  do  despregamento  eólico, actual e previsto.  

ALEGACIÓN 2. O PLAN Sectorial Eólico Galego  carece de Estudo de Impacto Ambiental.  

ALEGACIÓN 3. Falla  da preceptiva publicación do anuncio de exposición a información pública do proxecto no BOE segundo o artigo 125 do RD 1955/2000.  

ALEGACIÓN 4. Non consta estudio do grao de aceptación do proxecto polos concellos afectados e pola poboación.  

ALEGACIÓN 5. O intento de utilización da Lei 9/2021 para deslexitimizar a lexislación medioambiental é ilegal  

ALEGACIÓN 6. Non consta estudo de impacto ambiental das alternativas propostas, só da alternativa escollida.  

ALEGACIÓN 7. Nin o Promotor (LAN2030, SL) nin a Xunta de Galicia xustifican a declaración de interese autonómico do proxecto eólico, nin a declaración de tramitación de urxencia do proxecto nin a declaración do proxecto como iniciativa empresarial prioritaria.  

ALEGACIÓN 8. O proxecto publicado, ademais de ocupar TRES ADE,s (áreas de desenvolvemento eólico) diferentes (157, 158 e 41) esténdese por fóra de ADE,s  e os seus 63km2 afectan a  5 concellos e a 18 parroquias,  

ALEGACIÓN 9.  O proxecto pretende confundir e obstaculizar o seu estudo mesturando intencionadamente os conceptos ADE (Área de Desenvolvemento Eólico) e Área de Investigación Eólica coa finalidade de xustificar a ocupación dunha "única" ADE cando, en realidade ocupa as núm. 157, 158 e 41.  

ALEGACIÓN 10. O artigo 59 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia prohíbe o cambio de uso forestal dos terreos queimados, por 30 anos. A zona ardeu no ano 2013.  

ALEGACIÓN 11. Existe superposición de poligonais entre os PEs Toroña e Torroña I (Tamén co PE Albariño I).  

ALEGACIÓN 12. Fragmentación fraudulenta de PEs. Os PEs Toroña e Torroña I (Tamén o Albariño I) comparten estruturas básicas polo que deben ser considerados proxecto único.  

ALEGACIÓN 13. Vulneración dos artigos 2 e 6 da Directiva 92/43/CEE relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, actualizada a través da Directiva 97/62/CEE.  

ALEGACIÓN 14. Deficiente avaliación da afección a hábitats e especies de interese  comunitario consonte á Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, actualizada a través da Directiva 97/62/CEE.  

ALEGACIÓN 15. Non se avalían os efectos sobre a superficie de ampliación da RN2000 proposta no ano 2011 (ES1140018). 

ALEGACIÓN 16. Deficiente avaliación da afección a especies incluídas no Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas.  

ALEGACIÓN 17. Non se inclúe no EsIA a avaliación de efectos sobre a ZEPA “Espazo Mariño das Rías Baixas” (ES0000499) nin sobre a ZEC da Ramallosa (ES1140003).  

ALEGACIÓN 18. Vulneración do artigo 3 da Ley 42/2007 del patrimonio Natural y de la Biodiversidade  

ALEGACIÓN 19. Deficiente avaliación sobre os efectos á fauna e á flora.  

ALEGACIÓN 20.- Deficiente avaliación dos efectos sobre os recursos hídricos.  

ALEGACIÓN 21.- Deficiente avaliación sobre os efectos ocasionados  polo efecto de parpadeo.  

ALEGACIÓN 22.- Deficiente avaliación sobre os efectos do ruído.  

ALEGACIÓN 23.- Deficiente avaliación sobre os efectos das radiacións electromagnéticas de baixa frecuencia.  

ALEGACIÓN 24.- Vulneración das determinacións  do planeamento urbanístico municipal  dos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e O Rosal.  

ALEGACIÓN 25.- Deficiente avaliación dos efectos derivados dos procesos de xestión de residuos, restauración e revexetación.  

ALEGACIÓN 26.- Inadecuada temporalización dos traballos.  

ALEGACIÓN 27.- Deficiente avaliación dos efectos derivados da  fase de desmantelamento.  

ALEGACIÓN 28.- Afección sobre a calidade paisaxística e sobre o tecido socieconómico, en especial sobre o turismo.  

ALEGACION 29.- Deficiente avaliación dos efectos ambientais sinérxicos e acumulativos.  

ALEGACION 30.- Non se inclúe unha adecuada avaliación do recurso eólico.  

ALEGACIÓN 31. No informe de impacto arqueolóxico non se contempla a totalidade do do patrimonio  afectado.  

ALEGACIÓN 32. Non se contemplan nin se avalían  os efectos sobre  o patrimonio etnográfico.  

ALEGACIÓN 33. Non se avalían os efectos sobre a modificación das áreas  territoriais  dos garranos.  

ALEGACIÓN 34. Non se avalían os efectos sobre o patrimonio inmaterial nin sobre o Camiño de Santiago.  

ALEGACIÓN 35. Vulnéranse as Directrices da Paisaxe e non se avalían os efectos sobre os Bens do Patrimonio Inmaterial da Humanidade nin sobre o Camiño de Santiago  

ALEGACIÓN 36. Non se avalía a aceptación da poboación ó parque eólico, que foi ampliamente rexeitado polos plenos de todos os concellos afectados e pola  sociedade  en xeral.  

ALEGACIÓN 37. O PE TOROÑA non é compatible co Informe Sectorial do Instituto de Estudos do Territorio (IET) que  na mesma zona determinou as DIA DESFAVORABLE dos parques eólicos ALBARIÑO I e MERENDÓN.  

ALEGACIÓN 38. O PE TOROÑA non é compatible  co Informe do Consello da Cultura Galega  (CCG) sobre enerxía eólica e paisaxes  culturais  en Galicia  

ALEGACIÓN 39. O Conxunto Serra da Groba, A Valga e  Costa de Oia  xunto co Galiñeiro-Monte Aloia deben ser considerados  ”Zonas de exclusión eólica” (OEGA, 2021)  

ALEGACIÓN 40. O proxecto PE TOROÑA debe ser considerado DEFINITIVAMENTE CADUCADO ao non poder acreditar antes do 25/01/2023 unha DIA (Declaración de Impacto Ambiental) FAVORABLE. (BOE 22/12/2021).

Por todo o anteriormente exposto SOLICITO:    

Que teña por presentado este escrito e por formuladas as alegacións que contén, que se presentan en tempo e forma, que sexan estimadas as mesmas e que en consecuencia se desestime  a solicitude de autorización administrativa previa e de construcción e aprobación  do proxecto e declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico “TOROÑA” e, téndome por parte interesada, déseme  traslado  da resolución que recaia no presente procedemento administrativo.    

OUTROSÍ DÍGO:  Que é preciso unha resposta  razoada a estas  alegacións  de acordo a la Ley 39/2015, de 1 de outubro, do  Procedemento Administrativo  Común das  Administracións  Públicas.  A falta de resposta é motivo de nulidade  da tramitación.    


En_____________________________a __________de ______________ de 202__                                                                                                                                              

Asdo.: ________________________________ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario