"Ciudad de la Selva - Fuxidos e Guerrilleiros nos Montes de Casaio"
• O vindeiro mércores 7 de decembro ás 20:30 no Auditorio de Goián
Rita Alonso / Goián
O vindeiro mércores 7 de decembro ás 20:30 no Auditorio de Goián, proxectarase a película "Ciudad de la Selva - Fuxidos e Guerrilleiros nos Montes de
Casaio".
Un filme que conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil.
En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de protagonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.
Tras a proxección, que terá un custo de 4€, realizarase unha charla-coloquio con parte do equipo arqueolóxico e o director do filme Miguel Riaño Roa; que veñen de gañar o premio ao mellor documental no Festival de Cine Independente de València coa propia obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario