O Grupo Municipal Socialista abandona a sesión plenaria no punto n° 3 da orde do día `
• Correspondente a aprobación do orzamento xeral, en sinal de protesta.
Infogauda / Tomiño
Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño, decidiron abandonar o Pleno celebrado este xoves día 1 de decembro, “en sinal de protesta por non consensuar nunca o goberno municipal, as datas das sesións”.
“Consideramos unha falta de respecto e lealdade á Corporación municipal a imposición do Pleno no día de onte, tendo en conta a importancia do debate e aprobación do orzamento xeral que será o documento económico que rexirá o vindeiro ano, e o tempo mínimo para estudar a fondo a documentación. Pretende o BNG que un documento que levou casi tres meses elaborar, o examinemos en unha semana, pois recibimos a documentación o mércores día 23”, afirma Violeta de Santiago.
“É inaudito - engade a portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE - que durante cinco meses se teña celebrado un só pleno ordinario e nunha mesma semana convoquen comisión informativa de asuntos plenarios e o mesmo pleno sin consenso ningún e aducindo razóns para non retrasarlo tan disparatadas como que a a maioría da "súa xente" sairá de vacacións a vindeira semana ou que resta unha sesión por celebrar antes de rematar o ano”.
“Incribles argumentos polo feito de que o único responsable de non ter convocado as sesións en tempo, é o propio Goberno.
Do asueto dos concelleiros e concelleiras, non vou comentar nada pois creo que xa se comenta solo”, manifesta a voceira socialista, Violeta de Santiago.
Con respecto ao documento orzamentario, Violeta de Santiago dí que “o incremento débese á incorporación dunha partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra que será destinado a gasto corrente, o que evidencia a pésima situación económica do Concello, que non está para sacar peito precisamente, pois tamén a maioría das concellerías sufren un recorte importante”.
Denuncian as socialistas que “o anuncio dun incremento do salario dos funcionarios nun 5% é falso! Está consignada unha subida dun 2'5% establecido nos Presupostos Xerais do Estado e 0'5% vinculado ó PIB e outro 0'5% vinculado ó IPC, a revisar en setembro de 2023 e que se abonará se se dan as circunstancias axeitadas”.
Denuncian tamén que “o importe de remanente de tesourería de 3'8 millóns de euros, síntoma de "bo facer" publicado na prensa, e falso tamén, pois a día de hoxe non hai remanente ningún a espera da liquidación do exercicio.
Polo tanto o BNG minte a cidadanía e minte tamén aos seus votantes con estas declaracións que non se axustan á verdade”.
Por todo isto, as concelleiras socialistas “fartas desta situación de prepotencia institucional”, decidiron “abandoar o pleno en sinal de protesta e para que o goberno do BNG entenda que o Concello non é o seu cortixo, que a Corporación Municipal está constituída por 17 concelleiras e concelleiros, que non todas gobernamos pero si contamos, formamos parte deste órgano colexiado e representamos a unha parte da veciñanza de Tomiño”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario