16 de dec. de 2022

ECONOMÍA

ABANCA continúa co plan de formación vinculado á instalación de caixeiros rurais con sesións en Baños de Molgas e O Rosal 

 ABANCA avanza no plan de formación e capacitación dixital de persoas maiores nas localidades do rural con dúas novas sesións formativas nos municipios de Baños de Molgas (Ourense) e O Rosal (Pontevedra). 

 A xornada de Baños de Molgas terá lugar o luns 19 de decembro, ás 11.00 horas, na aula do Centro de Saúde da localidade, e contará coa asistencia do director xeral comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa. A sesión no Rosal está prevista para o martes 20 de decembro, ás 10.30 horas, na aula do Concello. 

 Estas dúas actividades formativas sumaranse ás 47 que se realizaron ata o momento no Páramo, Palas de Rei, Guitiriz (Lugo), Lousame, Vilasantar, Dumbría, Santiso, Vilarmaior, Toques, Dodro, Coristanco, Abegondo, Muxía, Sobrado, Cabana de Bergantiños (A Coruña), Chandrexa de Queixa, A Teixeira, Rairiz de Veiga, Porqueira, San Xoán de Río, A Arnoia, A Peroxa, Melón, Piñor, Cenlle, Vilar de Santos, Baltar, Carballeda de Avia, Xunqueira de Espadañedo, Os Blancos, Lobeira, Taboadela, Pontedeva, San Amaro, Bande, Amoeiro, Lobios, Esgos, Muiños (Ourense), Meaño, Moraña, Covelo, Ribadumia, a parroquia de Beluso, en Bueu, As Neves, Mondariz e Soutomaior (Pontevedra). 

 Durante as sesións ensínase aos asistentes como funciona un caixeiro automático e cales son as operacións máis habituais que se poden realizar, incluíndo unha demostración práctica sempre que sexa posible. Tamén se ofrecen consellos básicos de seguridade, sobre banca móbil e resólvense as dúbidas que poden ter os participantes. Así mesmo, facilítaselles un manual sinxelo que recolle toda a información para que poidan tela a man e consultala en calquera momento. 

 O obxectivo deste plan de formación e capacitación é ofrecer a formación necesaria ás persoas que viven en zonas rurais, moitas delas maiores de 65 anos e pouco dixitalizadas, para que poidan realizar as súas xestións nas canles a distancia con confianza e todas as garantías de seguridade. 

 As persoas que participaron ata o momento valoraron moi positivamente a acción, tanto o contido como o material entregado. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario