22 de dec. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda informa da ampliación dos horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público  

Amplíase hora e media o 25 de decembro; 1 e 6 de xaneiro; e unha hora os días restantes entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro.  


Praza de Avelino Vicente
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa a través dun decreto de alcaldía das ampliacións dos horarios de peche dos establecementos abertos ao público nestas datas de Nadal, e dicir, as  comprendidas entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro.   

 Deste xeito "os establecementos de restauración, ocio e diversión poden ampliar o horario de peche en hora e media os días 25 de decembro; 1 e 6 de xaneiro. E nunha hora o resto de días comprendidos entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro".   

 Asemade, desde o Executivo municipal indican: "Esta ampliación é acumulable á que, con carácter xeral, contempla o artigo 7 da Orde de 23 de outubro de 2.020, de media hora para as noites que van do venres ao sábado, do sábado ao domingo e do domingo ao luns, así como as noites das vésperas dos días festivos e as propias noites dos días festivos.   

 Lémbrase a todos os responsables das diferentes actividades que nestas datas, o igual que no resto do ano, teñen a obriga de cinguirse á licencia de actividade ou declaración responsable formulada ante o Concello. Absténdose de dispor de música, ou espectáculos con ou sin «DJ» aquelas actividades que non conten con licencia específica para elo. Asi mesmo, quen non estea autorizado, non poderá permitir o baile nos establecementos, ou improvisar pistas de baile mediante a retirada do mobiliario, nin cobrar entrada. Recórdase a obriga de respectar os aforos por seguridade". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario