A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a vila de A Guarda en xaneiro
• O xoves día 5, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h e o sábado día 7 de 10:15 ás 14:30h.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a vila de A Guarda no vindeiro mes de xaneiro, Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (diante do Centro Cultural) o xoves día 5, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h e o sábado día 7 de 10:15 ás 14:30h.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, procura facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar previamente, e acudimos a doar despois de xantar debemos agardar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
Asemade, debemos informar ao médico se estamos tomando algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:
Publicar un comentario