Inscricións abertas para aproba de obstáculos “A Guarda Family Kids”
• Terá lugar o sábado día 7 de xaneiro na Alameda de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Alameda de A Guarda acollerá o vindeiro día 7 de xaneiro de 2023 a proba de obstáculos A Guarda Family Kids, un evento adaptado a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos, que deberán de ir acompañados dunha persoa adulta que tamén deberá de ir superando os distintos retos ao longo do desenrolo da proba.
A proba terá un custo de 3.10€ euros por inscrición e as inscricións están xa abertas a través da web https://www.deporticket.com/web-evento/7898-a-guarda-family-kids establecéndose un límite de 200 nenos/as acompañados dun adulto. Haberá medalla para todos os participantes que rematen a proba.
O evento está organizado por noko360 e o Concello de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario