12 de dec. de 2022

A GUARDA

Continúa a programación de Nadal na vila de A Guarda 

Con concertos e actividades de animación  

 



Infogauda / A Guarda

 Tralo inicio da programación de Nadal co acendido do alumeado das rúas e o concerto a cargo da Coral e Grupo de Gaitas do Club de Maiores de A Guarda do pasado sábado, a programación continuará esta fin de semana con outras dúas clásicas citas musicais, o Concerto Cantos de Nadal e o tradicional Concerto de Panxoliñas.  

  O sábado 17 ás 12:00h. a praza de Avelino Vicente vai acoller a terceira edición do Concerto Cantos de Nadal,  que contará coa participación dos grupos de pandereteiras Carainas, Paliqueiras e Coiro Vello, que repasarán co son das pandeiretas e da música tradicional, os cánticos populares do noso folclore incluíndo panxoliñas e cantos de reis.   

 O domingo 18, ás 17:00h., será o momento do tradicional Concerto de Panxoliñas que cada ano organiza a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e que xuntará na igrexa parroquial, ás principais corais da nosa vila.   

 A seguinte semana seguirá a tónica musical da man, nesta ocasión de dous concertos do Conservatorio Elemental de Música, onde os alumnos de dito centro interpretarán para as súas familias o habitual repertorio de Nadal. O mércores 21 de decembro ás 19:30h será o Concerto de Vento e Coro, mentres que o 22 de decembro ás 20:00h. será o Concerto dos alumnos de Corda.  

 Pero mais aló da música, se por algo se caracteriza o Nadal é por ser o momento mais especial do ano para os nenos, que esperan ansiosos a chegada de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos cos seus regalos. Por iso os días 22 e 24 de decembro os trasnos de Papá Noel percorrerán as rúas da vila para recibir as cartas das pequenas e pequenos guardeses.   

 A programación para as crianzas continuará a partir do martes 27 de decembro  ás 18:00h, no Centro Cultural,  coa actuación do Mago Rey Midas; un espectáculo itinerante de malabares e zancudo o mércores 28 pola tarde; e sesión de cinema infantil o venres 30 de decembro, novamente no Centro Cultural.  

 E como prato forte o 3 de xaneiro,  ás 18:00h  na praza de Avelino Vicente terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco. 

 O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.   

 Tamén dentro de toda esta programación haberá un espazo para as actividades deportivas como son a carreira por San Silvestre o 31 de decembro con saída  ás 17:00h. da praza de Avelino Vicente.

 A Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso. 

 E o día 7 de xaneiro, ás 16:30h., na Alameda, a proba de obstáculos en familia A Guarda Family Kids, que pechará a programación.   


PROGRAMACIÓN



DECEMBRO

Sábado 17 de decembro ás 12:00h na Praza de Avelino Vicente

Cantos de Nadal cos grupos de pandereteiras Coiro Vello, Carainas e Paliqueiras.

Domingo 18 de decembro ás 17:00h na igrexa parroquial

Concerto de Panxoliñas

Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural

Concerto de Nadal, do alumnado de Vento e Coro   do Conservatorio. 

Do 22 ao 24 de decembro polas rúas de A Guarda

Trasnos e paxes do Nadal.

Días 22 e 23, de 17:00 a 20:00h., e o día 24 de 11:30 a 14:30h.

Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural

Concerto de Nadal do alumnado de Corda do Conservatorio.

Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural

Mago Rei Midas.

Mércores 28 de decembro ás 17:00h no centro da vila

Animación Itinerante.

Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural

Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical de A Guarda.

Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural

Cinema infantil. 

Sábado 31 de decembro ás 17:00h na praza de Avelino Vicente

Carreira de San Silvestre. 

XANEIRO

Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas de A Guarda

Carteiros do Nadal

Días 3 e 4  de 17:00 a 20:00h.; Día 5 de 11:30 a 14:30h.

Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas de A Guarda

Circo de lume.

Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas de A Guarda

Cabalgata e visita dos Reis Magos. 

Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda

A Guarda Family Kids.

Ningún comentario:

Publicar un comentario