1 de dec. de 2022

A GUARDA

 A CIDADANÍA SAIU NOVAMENTE Á RÚA

 En defensa da Sanidade pública


A veciñanza concentrouse na pra de Avelino Vicente, en defensa da Sanidade pública
Foto: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda

 Non foi a primeira vez, nin será á última, que á cidadanía de A Guarda e súa contorna saia á rúa mobilizándose en lexítima defensa da Sanidade pública. A convocatoria foi feita por SOS Sanidade Pública, a nivel de toda Galicia, e pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, de A Guarda, coincidindo no mesmo día e na mesma hora con outras mobilizacións a nivel de todo o País galego.

 Na noitiña de onte, malia que a climatoloxía non axudou, foron moitas as persoas que deixaron ben claro que é necesario, máis que nunca, defender a Sanidade fronte os intereses que algúns teñen por privatizala, o que de consentilo daría lugar a que nos furtasen dun dereito conquerido ao longo de moitos anos, que é patrimonio de todos e faría que as persoas de economías máis modestas - que somos a gran maioría social - non tivésemos acceso ao sistema público de saúde.

 É necesario que todos/as saibamos quen está a prol da Sanidade pública e quen non. En todo caso, por se alguén se esquece, haberá que seguir reiterando que a poboación está pola Sanidade pública e non polos recortes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario