23 de nov. de 2022

TOMIÑO

Segundo denuncian públicamente as concelleiras do PSdeG-PSOE

O GOBERNO DO CONCELLO DE TOMIÑO INCUMPLE A PERIODICIDADE DAS SESIÓNS PLENARIAS ORDINARIAS

• Unha situación irregular que roza a ilegalidade e que o goberno do BNG recurrentemente está a aplicar


Violeta de Santiago, concelleira portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 As concelleiras Violeta de Santiago e Mirta Misa, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño, denuncian públicamente a parálise da política municipal no Concello e do incumprimento do acordo aprobado por unanimidade na sesión plenaria de toma de posesión da corporación, onde se estableceu unha periodicidade dun pleno ordinario cada dous meses”. 

 Por esa razón, Violeta de Santiago e Mirta Misa critican que dende o pleno ordinario do día 4 de xullo ata o día de hoxe, 23 de novembro, tan só foi celebrado un pleno ordinario con data de 29 de setembro. É decir, tan só un pleno ordinario en 5 meses! Casi medio ano e un só pleno! 

 Tomiño é un Concello con máis de 14.000 habitantes, moi extenso e disperso no que as iniciativas e problemáticas acumúlanse para ser tratadas e debatidas no pleno. Esta situación de parálise na política municipal, o que está a provocar é unha laminación das iniciativas da corporación, dado que, pese a estar rexistrando mocións que afectan directamente á cidadanía, estas acaben caíndo pola desidia e prolongación no tempo das convocatorias dos plenos. 

 Unha situación irregular que roza a ilegalidade e que o goberno do BNG recurrentemente está a aplicar.  

 Nestes momentos nin a declaración institucional do 25N, nin o conflito das traballadoras do SAF [Servizo de Asistencia no Fogar], nin o orzamento municipal para o próximo ano, entre outras cuestións de máxima importancia están a ser debatidas, nin consensuadas nin moito menos votadas, como correspondería a un concello aberto, participativo e democrático

 En base a eses motivos, a voceira Violeta de Santiago manifesta: “Dende o grupo municipal do PSdeG, cremos que o Goberno nacionalista de Tomiño está a dilatar os prazos das convocatorias dos plenos ordinarios, saltándose a lei, para adormecer á veciñanza, celebrar sesións maratonianas que ninguén escoite nin asista (seguen sen retransmitirse os plenos en directo) e en consecuencia, sesgar e laminar o labor da oposición, neste caso das socialistas de Tomiño. Procedementos inaceptables dun goberno que se denomina progresista e de esquerdas!”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario