O Rosal prepárase para o concerto máis especial do ano
• A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu tradicional concerto de Santa Icía este sábado 19 ás 19.30 h no auditorio municipal
• Contará coa participación como frauta solista de Ana Mª Fernández, gañadora do V Concurso de Xoves Intérpretes ‘Antonio Granja’
Infogauda / O Rosal
O Rosal
quenta motores para unha das actuacións máis agardadas do ano. A Agrupación
Musical do Rosal celebra este sábado 19 de novembro o seu tradicional concerto
de Santa Icía, unha actividade coa que conmemorar o día da patroa da música e
compartir o seu bo facer co público.
O
auditorio municipal acollerá ás 19.30 horas un concerto que, baixo a batuta de
Javier Alonso, achegará a todas e todos os asistentes obras de Maslanka,
Ticheli e Bernstein e que servirá para presentar ás 10 novas e novos músicos
que se incorporan á banda. Ademais, nesta ocasión contarase coa participación
como frauta solista de Ana María Fernández, gañadora da quinta edición do
Concurso de Xoves Intérpretes ‘Antonio Granja’.
A
alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a desfrutar un
ano máis dun concerto único co que a Agrupación Musical do Rosal conquistará ao
público. A actividade será de balde con entrada libre ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario