O concello de A Guarda un curso gratuíto sobre aproveitamento da resina natural con posibilidades de inserción laboral
• A formación desenvolverase na Casa dos Alonso os días 24 e 25 de novembro en horario de 09:00 a 14:00. É necesaria inscrición previa.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, en colaboración con personal técnico da empresa Laxes Ambiental S.L., de Oia, oferta dúas xornadas de formación gratuíta sobre aproveitamento da resina natural con posibilidades de inserción laboral.
A formación desenvolverase na Casa dos Alonso os días 24 e 25 de novembro, de 09:00 a 14:00h, e comprenderá unha parte teórica en aula e prácticas no monte.
Nesas xornadas que promove o concello guardés coa empresa que a día de hoxe, lidera a produción de resina natural en Galicia, abordaranse temas como a historia da resina na nosa comunidade autónoma, rendibilidade, usos, métodos de extracción, ou estudos de calidade do produto obtido. Tamén incluirá a realización dunhas prácticas de campo.
A día de hoxe China, un dos países con maior produción deste produto, non só deixou de exportar resina natural de piñeiro, senón que é demandante desta substancia e, debido ao incremento actual do prezo dos transportes, atopámonos con que xa non resulta rendible importar resina de Brasil. Por outra banda os/as profesionais na materia defenden que a resina de piñeiro da nosa zona ten unha calidade moi apreciada a nivel de mercado.
Polas esas razóns pode resultar interesante recibir esta formación que permite obter coñecementos específicos para realizar a extracción do produto de forma respectuosa coa árbore e ao mesmo tempo maximizando a rendibilidade na extracción. Na nosa comunidade autónoma este traballo está en vías de converterse nunha actividade con moita saída profesional que permitiría traballar tanto por conta allea, en empresas como a que imparte a formación, como por conta propia.
Para realizar a inscrición pode acudirse persoalmente á recepción do Concello, chamando por teléfono ao 986 610 000, ou enviando un correo electrónico a conserje@aguarda.es indicando nome completo, DNI e número de teléfono. O curso ten prazas limitadas e para cubrilas atenderase de xeito estrito á orde de inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario