FÚTBOL
Primeira Rexional - Grupo 5
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO PONTE CALDELAS
• O domingo día 6 de novembro, ás 12:00 h, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O vindeiro domingo día 6 de novembro, ás 12:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, dará comezo o encontro de fútbol, da categoría 1ª Rexional - Grupo 5, entre os equipos Sporting Guardés e Ponte Caldelas.
O conxunto visitante, situado na 4ª posición da táboa clasificatoria, e 14 puntos no seu haber, virá ata A Guarda para tentar sorprender ao equipo miñoto, clasificado no posto 16º da táboa, e con 7 puntos. Esas diferencias numéricas, van ser, con toda probabilidade, o principal acicate que os xogadores do Sporting Guardés van ter para xogar o seu mellor fútbol e dese xeito, tentar que os puntos en litixio queden no feudo local. A tarefa non vai ser doada, xa o sabemos. En todo caso, o equipo que adestra Víctor López ten capacidade para crecerse e transformarse nun rival que pon todo da súa parte, e sobor de todo, non se rende.
Dese xeito, o encontro ten todos os alicientes para que os seareiros de A Guarda e súa contorna, acudan ao estadio da Sangriña e gocen dunha grata sesión vermú futbolística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario