MÚSICA E PALABRAS
• O venres día 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Cos acordes da guitarra do músico Bieito Álvarez (BieitoSolo) e ás aportacións literarias que xurdan espontáneamente entre o respectable público que vén asistindo - aberto tamén a novas incorporacións -, este venres día 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, celebrarase unha nova edición de Música e Palabras. Un evento cultural no que teñen cabida o recitado de poemas - propios ou de outros autores -, á lectura de pensamentos, reflexións ou mesmo relatos curtos, interpretacións musicais,..., nun ambiente de amizade e boa veciñanza, no que os visitantes - tanto como público, como para participaren no escenario -, tamén son moi ben acollidos.
A verdade é que a xunta reitora e membros da Comunidade de Montes de Camposancos veñen traballando de xeito modélico, tanto na administración, coidado e defensa dos montes veciñais da súa demarcación, como na realización de varias actividades ao longo de todo o ciclo anual e dende fai varios exercicios. Un labor que ben merece ser recoñecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario