A Guarda celebra a Semana Europea da redución de residuos
• Pequenos xestos e costumes poden axudar moito na redución dos residuos que xeramos cada día.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda sabe que 2023 vai ser un ano moi importante en canto a xestión dos residuos, e esta semana celébrase a nivel europeo a Semana da Redución de Residuos. Por iso, para poder axudar o Medio Ambiente e reducir os residuos que xeramos no noso día a día, desde o Goberno municipal queren deixarnos uns pequenos consellos :
· Usa para as túas compras bolsas de tea, xa que as podes lavar e usar moitas veces.
· Usa a túa botella reutilizable , para evitar o uso de botellas de plástico.
· Prioriza a compra de produtos a granel, por sorte na Guarda contamos con tendas a granel ou produtos de proximidade, praza de abastos, froiterías, carnicerías..
· Non compres froita empaquetada, nin con adhesivos nin outro tipo de envase, o mellor envase e a súa propia pel.
· Evita consumir roupa de moda rápida, que non teñen calidade e non dure mais que unha temporada, a boa roupa é eterna. A roupa que non te sirva e non queiras podes doala a coñecidos ou asociacións ou botala nos contedores da roupa.
· Evitar comprar obxectos sobre empaquetados, como adoita a ser a comida lixo.
· Recorda que podes usar o teu tupper para comprar en carnicerías, charcuterías e peixerías...
Recorda que o mellor residuo e aquel que non se xera!
Ningún comentario:
Publicar un comentario