15 de nov. de 2022

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN UNHA REVISIÓN DAS TARXETAS DE ESTACIONAMENTO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA 

•  Debido a un presunto uso indebido por parte de outras persoas 


Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega
Foto: Infogauda



Infogauda / A Guarda

 Para seu debate na vindeira sesión plenaria ordinaria do Concello de A Guarda, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no rexistro do concello a seguinte iniciativa:

Cada vez máis escoitamos diversas protestas sobre o uso como “aparcamento particular” que algunhas persoas con problemas de mobilidade reducida fan dos espacios azuis reservados para eses casos, imposibilitando o seu uso por persoas que nas mesmas condicións se desprazan a consulta médica, ou outros servizos.  

 A esta situación se “suma” a aquelas persoas que portan tarxetas de familiares e que son colocadas de “xeito incorrecto” tapando a fotografía do beneficiario. Así mesmo, vehículos con matrícula de outro país aparcan días enteiros con tarxeta caducada ou sen identificar o titular de dita acreditación sin constar seu empadronamento en ningún pobo do territorio español, sendo coñecedores de varios casos membros da Policía Local, provocando graves problemas cando se da a circunstancia que é necesario trasladar de urxencia a unha persoa encamada en vehículo a un Centro de Saúde.  

 Por iso, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o seu debate e aprobación si procede, a seguinte MOCIÓN:  

a).- Que se proceda por parte da Policía Local a unha revisión profunda dos beneficiarios destas tarxetas. 

b).- Que se sancione a aqueles vehículos que reiteradamente a colocan de “xeito incorrecto” impedindo a identificación do beneficiario e comprobar si está sendo usada por outra persoa, ou estén usando copias das mesmas  

c).- Que se fagan as modificacións pertinentes la ORDENANZA REGULADORA DE ESTACIONAMENTO CON HORARIO LIMITADO GRATUÍTO (ZONA AZUL) DO CONCELLO DE A GUARDA, e que os vehículos de uso para personas con mobilidade reducida dispoñan como MÁXIMO de DÚAS HORAS neses espazos en horario de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 de luns a venres e de 09.00 a 13.00 os sábados.


A Guarda, a 14 de novembro do 2022       

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA      


Sr. Alcalde-Presidente 

Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario