25 de out. de 2022

SALCIDOS (A GUARDA)

OBRADOIRO DE MEMORIA ORGANIZADO POLA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SALCIDOS 

 A actividade terá lugar todos os martes de 16:00 a 17:00 na Casa da Comunidade de Montes de Salcidos (subida ao Torroso) e terá un prezo mensual de 16€




 Infogauda / Salcidos (A Guarda)

 A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos organiza un obradoiro de memoria para persoas maiores que dará comezo o vindeiro 8 de novembro. Está pensado para axudar a previr esquecementos, mellorar a axilidade mental e manter a mente activa. 

 A actividade terá lugar todos os martes de 16:00 a 17:00 na Casa da Comunidade de Montes de Salcidos (subida ao Torroso) e terá un prezo mensual de 16€. As dúas primeiras sesións serán gratuítas para que as persoas interesadas poidan probar a actividade sen ningún tipo de compromiso. 

 A matrícula está aberta durante todo o curso. É necesario facer inscrición previa. Para máis información e inscricións chamar ao 661 280 976. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario