A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en novembro
• O venres día 4, de 16:15 ás 21:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 5 de 10:15 ás 15:00h.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a Guarda no mes de novembro. Como vén sendo habitual estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte ao Centro Cultural). Será o venres día 4, de 16:15 ás 21:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 5 de 10:15 ás 15:00h.
Dese xeito, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Asemade, debemos informar ao médico se estamos tomando algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:
Publicar un comentario