Citas para a renovación do DNI
• Para o mes de novembro
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda vén de facer público que “o vindeiro luns día 31 de outubro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita da unidade móbil no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de novembro de 2022”.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en novembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán na data indicada, de xeito preferentemente telefónico, no 986 610 000 de 9:00 a 14:00h, ou presencialmente na Casa dos Alonso.
A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 10 de novembro e a recollida de documentos terá lugar o 15 de novembro.
Este será o último desprazamento das unidades móbiles á Guarda neste ano 2022.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Ningún comentario:
Publicar un comentario