10 de out. de 2022

A GUARDA

ALEGACIÓNS DO BNG CONTRA O ACORDO  PSOE-PP, DA GUARDA,  DE ELIMINAR 12.000 M² DE SOLO PÚBLICO   

Anxo Lois Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no concello de A Guarda): “PP-PSOE deben dar marcha atrás e parar o espolio de  12.000 m² de solo público ao pobo da Guarda” 


Anxo Lois Baz Vicente - no centro da imaxe -, portavoz do BNG no concello de A Guarda, no antigo campo de fútbol, amosando en presenza dos demais membros do grupo municipal nacionalista, a alegación presentada

Infogauda / A Guarda 

 O BNG vén de presentar alegacións ao proxecto de segregación do Campo de Fínola do Plan Especial (PERI) 5, aprobado polos grupos municipais do PSdeG_PSOE e PP, que de ir adiante,  implicaría a perda de 12.000 m² de solo público para A Guarda, segundo o grupo municipal nacionalista.  

 Desde o BNG afírmase: A segregación acordada por PSOE-PP reduce os 15.000 m2 posibeis de solo público que se lograrían desenvolvendo o  Plan especial 5  a menos de 3.000 m2, eliminando así 12.000 m2 destinados a  infraestruturas, zonas de aparcamento  e zonas verdes.  

 A ese respecto, o portavoz do BNG Anxo Lois Baz Vicente manifestou: “Só intereses moi escuros poden estar detrás deste acordo vergoñento. PP e PSOE deben dar marcha atrás e renunciar a espoliar  12.000 m² de solo público ao pobo da Guarda que lle pertence por lei”.  

 A alegación presentada polo BNG “está fundamentada na Lei do Solo de Galiza que no seu artigo 129 marca  o aproveitamento do espazo público ao que da lugar o desenvolvemento dun Plan Especial como é o PERI 5.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario