Vai chegar ao Rosal o espectáculo de monicreques ‘Xela contra o dragón Traga-verbas’
Será este venres 30 de setembro ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes
Infogauda / O Rosal
A
fin de semana arranca no Rosal con actividades para desfrutar en familia. Este
venres 30 de setembro nenos e nenas poderán aprender e divertirse con ‘Xela
contra o dragón Traga-verbas’, un espectáculo de monicreques de Títeres
Cachirulo que se poderá ver ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral, ao carón do
aparcadoiro municipal do Calvario.
A
súa protagonista, Xela, é unha nena de 10 anos que ten que liberar aos seus
compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do
dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata
que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces.
Trátase dunha obra na que se aborda a importancia do uso cotiá da lingua galega
e da conservación da identidade.
O Rosal
acolle este espectáculo ao abeiro da segunda edición do programa de
dinamización lingüística FalaRedes, creado pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia para encher de actividades en galego o tempo de
lecer nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. O seu
obxectivo é ampliar a oferta existente en galego, promover o seu uso e unha
valoración positiva da lingua na sociedade a apoiar ás e aos artistas que
desenvolven o seu traballo neste idioma.
A
alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza a
desfrutar desta proposta pensada para público familiar e “deixarse levar pola
maxia, a ilusión e as risas que nos traerá a compañía Títeres Cachirulo con
este coidado espectáculo de monicreques”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario