O Rosal prepárase para a Gladiator Family
A Explanada do Horizonte vai acoller o día 1 de outubro unha divertida carreira de obstáculos para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta
A inscrición terá un custo de 2 euros que serán doados de forma íntegra á Asociación Down Vigo
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Xa está todo listo para celebrar no Rosal a primeira edición do Gladiator Family. A Explanada do Horizonte, en Portecelo, acollerá o vindeiro 1 de outubro esta proba de obstáculos, deseñada para desfrutar en familia e que se celebra ao abeiro da 15K do Atlántico. Será unha proba adaptada ás idades dos rapaces e rapazas, de 3 a 12 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta que tamén deberá ir superando retos.
A
alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, estivo hoxe en Portecelo na presentación da
proba, acto no que tamén participaron con Ivonne Pousa, xerente da Zona Norte de
Banco Mediolanum; de Ángeles Franco, banqueira familiar da entidade; e de Roberto
Campo, director da asociación Down Vigo. A rexedora salientou o compromiso do
Concello “por potenciar o deporte participativo e o deporte e as actividades en
familia, unha oportunidade única de aprender e estreitar lazos cos máis
pequenos e pequenas da casa”.
A
proba terá un custo de 2 euros por inscrición que serán doados de forma íntegra
á asociación Down Vigo. O evento, que conta coa colaboración do Concello do
Rosal, está enmarcada no programa da 15K do Atlántico, que este ano celebrarase
o vindeiro 23 de outubro e que conta co patrocinio principal de Banco
Mediolanum.
Haberá un máximo de 200 nenos e nenas e 200 persoas adultas participantes. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nas últimas prazas dispoñibles enchendo un formulario web ata o vindeiro 28 de setembro ás 23.59 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario