11 de ago. de 2022

TOMIÑO

As concelleiras socialistas de Tomiño rexistraron unha moción ó Pleno Municipal para loitar contra as agresións machistas 

Que nos últimos tempos está aumentando no número 




Infogauda / Tomiño

 "Diante dun notable aumento de agresións sexuais con submisión química e da aparición do novo método de agresión contra as mulleres nos espazos de lecer nocturno a través dunha picada", as concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño consideran "obrigado adoptar e reforzar dende as diferentes administracións públicas,  medidas para velar pola integridade física e a liberdade sexual e de movimiento das mulleres." 

 "É imprescindible - engade Mª Violeta De Santiago Moure, concelleira portavoz do Grupo Municipal Socialista - realizar campañas sobre os agresores e implantar en Tomiño puntos de apoio e axuda ás mulleres, como poden ser os Puntos Violeta, emprazados nos espazos de lecer nocturno, para proporcionar un lugar ao que acudir de xeito inmediato onde darán a guía e soporte que precisan."           

 A moción presentada polas concelleiras socialistas propón os seguintes acordos para aprobación do Pleno Municipal:        

1°- O Concello de Tomiño condena calquera tipo de agresión sexual e a utilización da submisión química con este fin. 

2°- O Concello de Tomiño insta ó Goberno Galego a estender canto antes o protocolo do CHOU para detectar casos de submisión química a todas as áreas sanitarias de Galicia e desenvolver unha campaña de información nos centros hospitalarios e de atención primaria. 

3°- O Concello de Tomiño comprométese a establecer Puntos Violeta nas festas da localidades onde existirán protocolos específicos para atender este tipo de situacións e a formar a Policía Local para atender as vítimas destas novas modalidades de agresións machistas. 

4°- O Concello de Tomiño comprométese a esixir protocolos de acceso máis estritos ás empresas organizadoras de acontecimentos festivos así como as salas de festas e discotecas para que se inspeccione a entrada de xiringas dentro do recinto/local. 

5°- O Concello de Tomiño comprométese a realizar campañas de concienciación poñendo o foco nos agresores e guías de actuación para saber cómo actuar no caso de que acontezca unha destas situacións.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario