CONCENTRACIÓN DIANTE DAS OFICINAS DA EMPRESA DE FCC
Este mércores, 13 de xullo, ás 10.30 horas
Foto: CIG
Redacción / Vigo
O comité de empresa de FCC, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e de praias do Concello de Vigo, desenvolverá unha concentración diante da oficinas de FCC en Vigo (rúa Tarragona, 12), este mércores día 13 de xullo, ás 10:30 horas, previa ao inicio da folga indefinida para rexeitar a intención da compañía de precarizar o convenio colectivo.
A medida de presión, acordada onte en asemblea pola maioría do cadro de persoal, dará comezo ás 6:00 horas do vindeiro venres 15 de xullo no caso de que as partes non cheguen antes a un acordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario