22 de xul. de 2022

OIA

O Concello de Oia mellora o acceso ao centro de Pedornes  

O investimento total foi de 27.503,42 euros, que inclúen os traballos, a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde


A actuación consiste en anchear unha curva pechada que tiña problemas de visibilidade
Foto: C.O.


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia vén de comezar os traballos no camiño público que comunica a estrada PO-552 co centro da parroquia de Pedornes. Trátase dunha intervencion moi demandada pola veciñanza, que permitirá mellorar o acceso e a seguridade nunha curva pechada que había nesta subida, situada nun tramo próximo ao Calvario.  

 O Concello financiou esta actuación ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña 1: investimentos) da Deputación de Pontevedra. O investimento total foi de 27.503,42 euros, que inclúen os traballos, a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde.   

 A actuación consiste en anchear unha curva pechada que tiña problemas de visibilidade, de forma que se mellora a seguridade e a accesibilidade deste vial.  

 Para ampliar o camiño foi necesario demoler unha edificiación situada na antedita curva, previa cesión do inmoble por parte da familia propietaria. A continación, os traballos de mellora proseguirán coa urbanización da zona, construíndo beirarrúas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario