Gerardo Rodríguez elixido candidato á alcaldía de Oia polo PSdG-PSOE
Infogauda / Oia
Na asemblea que tivo lugar na súa sede, o mércores día 27 de xullo, a agrupación local do PSdeG-PSOE de Oia, elixiu por unanimidade a Gerardo Rodríguez Refojos como candidato á alcaldía de Oia para as vindeiras eleccións municipais de 2023.
Gerardo Rodríguez agradeceu "a confianza depositada nel, comprometéndose a gobernar para todos así como a mellorar a xestión dos recursos económicos, dotando ao Concello de Oia de servicios que son manifestamente mellorables, falando do saneamento, os camiños rurais, a sanidade pública ou a cultura, entre outros."
Igualmente realizou unha "crítica ao actual grupo de goberno do PP, que ten recibido a maior cantidade de recursos económicos de toda a historia do municipio, dilapidándoos nunha xestión dos mesmos moi criticable."
Gerardo Rodríguez rematou a súa intervención na asemblea de Oia comprometéndose "a continuar traballando pola mellora de Oia e apostando polo necesario e futuro cambio de goberno no municipio, un cambio que devolverá a alcaldía ao PSdeG-PSOE."
Ningún comentario:
Publicar un comentario