HONCKENYA PEPLOIDES: "RESISTINDO" EN OIA
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / O Baixo Miño
Honckenya peploides. É unha das plantas máis ameazadas do Baixo Miño. Incluímola no plan denominado PREABAM (Proxecto de Recuperación de Especies Ameazadas do Baixo Miño) desenvolvido por ANABAM. O pasado ano levamos a cabo as primeiras conversas coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, deducindo da mesma que non estaba polo labor de protexer esta especie, onde en todo o Baixo Miño só podemos vela na praia de Mougás (Oia).
Dende xaneiro deste ano, diante do desinterés visto na rexidora oiense, dirixímonos ao Servizo de Costas de Pontevedra, presentando sendos escritos e realizamos varias chamadas telefónicas. Onte, martes día 12 de xullo, mantivemos, por fin, unha xuntanza co xefe de obras da citada Xefatura de Costas e co vixiante, na propia praia. Por fin, despois de seis meses, parece ser que se van dar os primeiros pasos para recuperar a Honckenya na praia de Mougás, evitando que O Baixo Miño perda unha nova especie.
Esperemos que Oia siga tendo esta planta emblemática dos areais costeiros, tan ameazada a nivel peninsular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario