5 de xul. de 2022

O BAIXO MIÑO

O BNG e Galiza Nova celebran este venres a partir das 20:30h na Praza Avelino Vicente (Ás de Copas) da Guarda a Festa Nacionalista do Baixo Miño  



BNG e Galiza Nova / O Baixo Miño

 O BNG e Galiza Nova no Baixo Miño celebran este venres 8, a partir das 20:30h na Praza Avelino Vicente (Ás de Copas) da Guarda a Festa Nacionalista da comarca. No acto intervirán Bea Lomba, Responsábel Local do BNG na Guarda, Anxo Baz, portavoz municipal da formación e Néstor Rego, deputado no Congreso español.  

 Os nacionalistas convidan a toda a comarca a participar deste acto festivo que contará co concerto do grupo Maskarpone que ofrecerá unha mestura de reggae e ska con pequenos acenos de rock e música tradicional. Como en cada edición, haberá tamén comida e bebida a prezos populares.  

 Esta festa celébrase dentro dos actos previos que o BNG xunto con Galiza Nova -a súa organización xuvenil- organiza por todo o país con motivo do Día da Patria Galega, que terá como actos centrais o FESTIGAL -cuxo cartel encabezan este ano as Tanxugueiras- e a xa tradicional manifestación do 25 de xullo polas rúas de Compostela. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario