22 de xul. de 2022

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

COÑECER A FLORA DUNAR

ANABAM procedeu onte á colocación de varios carteis na praia de Camposancos para dar a coñecer as plantas dunares 





Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / Camposancos

 No día de onte procedemos á colocación de carteis informativos relacionados con algunhas das plantas dunares da praia de Camposancos, nunha acción que conta coa colaboración do Concello da Guarda. Tratamos deste xeito de que os usuarios da praia poidan ir coñecendo esa rica e variada flora que teñen as dunas da desembocadura do Miño, seguindo as dúas premisas fundamentais para conseguir que o patrimonio natural sexa respectado: O QUE SE COÑECE EXISTE, e PARA PROTEXER HAI QUE COÑECER.

Ningún comentario:

Publicar un comentario