4 de xul. de 2022

DEPORTES

 ATLETISMO

Fantástica fin de semana para os atletas da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño

Conseguindo 4 medallas autonómicas no Campionato de Galicia Sub16 de pista ao aire libre. 


Álex Sierpes Pereira 1º clasificado dos 1.500m obstáculos con ría

Sociedade Atlética do Trega / Deportes

 Este pasado sábado, as pistas de Elviña (A Coruña) acolleron o Campionato da Xunta de Galicia, cadete de ambos os sexos. Acudiron os mellores especialistas da comunidade en probas de medio fondo e fondo coas mellores marcas da clasificación. 

 Os máis destacados sen dúbida foron os guardeses, irmáns Sierpes, facéndose cos títulos autonómicos dos 1,500 metros obstáculos e os 3,000 metros lisos, confirmando así o claro dominio neste Campionato nas probas de fondo. 

 Álex Sierpes Pereira participou nos 1.500m obstáculos con ría, proba que sería unha das máis interesantes do Campionato, onde contaba cos primeiros da clasificación, e nada menos que o actual campión de España Indoor dos 3.000m, que non foi quen de impedir a vitoria ao noso atleta, que brillou e competiu a un gran nivel. Dese xeito, Álex Sierpes, con eses fantásticos 4´27" 69 logrou mellorar a súa marca persoal, moi pretiño de derrubar a mellor marca de sempre, que está en 4´26", confirmando desta  maneira o seu excelente estado de forma, unha semana máis, xa que aínda apenas hai unha semana viña de lograr en Lourenzá, o campionato e récord autonómico de roteiro de 1km. 


Christian Sierpes Pereira 1º clasificado dos 3.000 metros lisos

 O segundo ouro lograríao o seu irmán Christian Sierpes Pereira nos 3.000 metros lisos, onde non tivo ningún problema para facerse coa vitoria, xa que partía coa mellor marca dos atletas asistentes. 

 Christian Sierpes impuxo o seu dominio de principio a fin, entrando en meta en solitario cun rexistro de 10´02"96, sacándolle ao segundo clasificado unha vantaxe de 11", quedando moi lonxe do súa mellor marca persoal.


Héctor Portela Mández logrou a prata nos 300 m valos

 A outra alegría déunola o porriñés Héctor Portela Mández, o cal cun fantástico crono de 45"14 logrou a prata nos 300 m valos, facéndose co subcampeonato autonómico e conseguíu súa marca persoal.  


Mara Vicente Romeu, bronce nos 600 metros lisos

 O bronce estaría a cargo da guardesa Mara Vicente Romeu, nos 600 metros lisos, proba tamén dun gran nivel, estando a campioa de España da distancia Indoor e a medalla bronce Indoor dos 1.000 m lisos. Nosa atleta correu a un gran nivel, logrando un marabilloso rexistro de 1´37" 53, mellorando en más de 2ª súa mellor marca persoal,  confirmando un espléndido gran momento de forma. 


Grupo de todos os deportistas da Sociedade Atlética do Trega participantes (Héctor, Álex, Christian, Mara e Helia) 


 A nosa última participante sería a tudense Helia Alonso Romero, que non foi menos interesante que os seus compañeiros, porque quedou moi pretiño de pódium, facendo un gran 4º posto a tan só 2" da prata e o bronce. 

 Helia Alonso fixo unha última volta de infarto, dando mostras de case chegar ás medallas xa que quedara cortada anteriormente do grupo, acabando moi forte colléndoas en meta, facendo un formidable 11´34"28 conseguindo marca persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario