15 de xul. de 2022

A GUARDA

UN MIRADOIRO NO MONTE SANTA TREGA, ADICADO Á MEMORIA DO DR. JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI

Será inaugurado o día 23 de xullo de 2022, ás 12.30 horas


Cartel anunciando o acto de inauguración do miradoiro adicado ao Dr. Lemos Zunzunegui
Na zoa sinalada co circo de cor amarelo é onde está ubicado o miradoiro adicado ao Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui  
Foto: Google Maps / Miguel Reboredo



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Cando imos camiño do terceiro cabodano da súa prematura partida cara o alén, achégase tamén a data na que vai ter lugar un acto na lembranza do Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui.

 Promovido pola Asociación Pro Homenaxe ó Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui, coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda e do concello guardés; o vindeiro día 23 deste mes de xullo de 2022, ás 12:30 horas, no monte Santa Trega, será inaugurado un miradoiro adicado á memoria do benquerido médico - coñecido amical e coloquialmente, como Tito Lemos - finado en Vigo, o día 15 de novembro de 2019.  

 O devandito acto - aberto á toda á cidadanía que desexe asistir -, será o corolario da estima que moitísimas persoas sentían polo Dr. Lemos Zunzunegui.


DR. JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI


Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui

 Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, o Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui exerceu como médico xeral e de familia; e tamén como radiólogo. Foi un dos cofundadores do Grupo Policlínico La Guardia, S. L., entidade que supuxo unha importante achega ao coidado da saúde da maioría da poboación de A Guarda e súa comarca. Ademáis da súa ampla labor nesa entidade policlínica da vila guardesa, o Dr. Lemos tamén desempeñou súa actividade profesional como especialista do Centro de Diagnóstico Avanzado (CAD) de Vigo, así como no Centro Médico El Castro, de Vigo; nas Clínicas Gaias, de Vigo e Santiago de Compostela; e na Clínica Thermalia, de Tui.

 Ao Dr. Lemos lembrarémolo sempre con aprecio. Por moitas razóns de tipo persoal, máis sobor de todo pola súa impagable atención, bonhomía, profesionalidade e proximidade, que sempre tivo cos seus pacientes. E ademáis deses valores que prodigaba no exercicio da súa actividade como médico, era unha persoa activa e con inquedanzas por acadar máis coñecementos na súa carreira profesional e contribuir a espallalos a outros médicos.

 Ademáis de non esquecernos do seu talante animoso, e ao mesmo tempo resolutivo, informando axeitadamente ao paciente e a seu entorno máis inmediato, era unha persoa con verdadeira vocación investigadora que estaba ao día nos avances médicos nas áreas da súa especialidade.

 Tamén temos constancia da súa afección artística, e máis en concreto pola escultura, fotografía, pintura,... Grazas a súa oportuna participación tivemos oportunidade de descobrer unha mostra do magnífico legado artístico do fotógrafo guardés Prudencio Vicente Sobrino.

 Autor da publicación "Ecografía Musculoesquelética", o Dr. Lemos Zunzunegui, tamén exerceu como experto divulgador e relator en varios congresos e encontros profesionais nacionais e internacionais, así como en cursos teórico-prácticos de Ecografía Clínica, Ecografía Musculoesquelética, Ecografía de Hombreiro e Tórax,...,  habendo participado en mesas científicas de actualización en Aparato Locomotor, etc... 
 
 O pasamento do Dr. Lemos foi unha perda irreparable, pois era unha persoa moi válida, que contribuiu a unha maior calidade da saúde e por conseguinte de vida, de moitas persoas, non soio de A Guarda, senón de toda a comarca do Baixo Miño, e por suposto, naquelas outras áreas xeográficas onde desenvolveu súa intensa actividade como médico.

 Botámolo moito de menos, sobor de todo porque ainda tiña moito que aportar á toda á comunidade médica e social.

1 comentario:

  1. Yo solo lo vi una vez y fue 2 o 3 días antes de su muerte en su consulta,y ya con eso me basta para decir que era una persona maravillosa y hacía muy bien su trabajo. Gracias por haber echo tanto por la gente señor Lemos

    ResponderEliminar