TODO A PUNTO PARA O XXVII ENCONTRO DOS POBOS
Do 22 ao 25 de xullo de 2022
Ricardo Rodríguez Vicente / O Baixo Miño
Por iniciativa do Grupo Do Lusco ó Fusco, de A Guarda, e a colaboración dos concellos de Tomiño, O Rosal, Oia e A Guarda, dentro de pouco estaremos gozando coas actuacións de varios grupos folclóricos da nosa contorna e tamén coa da agrupación convidada Drevar, de Eslovaquia. Será nas xornadas do XXVII Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo Do Lusco ó Fusco, que terán lugar os días 22, 23, 24 e 25 deste mes de xullo, nas localidades de Tomiño, A Guarda, Oia e O Rosal, respectivamente.
O día 22 de xullo, ás 21:30 h., na Praza do Seixo, de Tomiño, actuarán as seguintes agrupacións:
• Virxe do Alivio, de Tomiño
• Do Lusco ó Fusco, de A Guarda
• Drevar, de Eslovaquia
O día 23 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio de San Bieito, de A Guarda, actuarán:
• Vento Mareiro, de A Guarda
• Xamaraina, de A Guarda
• Doxe nun ano, de A Guarda
• Grupo Folclórico Mártir São Sebastião, de Coimbra (Portugal)
• Do Lusco ó Fusco, de A Guarda
• Drevar, de Eslovaquia
O día 24 de xullo, ás 20:00 horas, na Praza Centinela, de Oia, actuarán:
• A Fiada, de Viladesuso (Oia)
• Tralo Mosteiro, de Oia
• Do Lusco ó Fusco, de A Guarda
• Drevar, de Eslovaquia
E finalmente, o día 25 de xullo, ás 20:00 horas, no colexio da Mata (O Rosal), contaremos coas actuacións das seguintes agrupacións:
• Seixos Albos, de Areas (Tui)
• Do Lusco ó Fusco, de A Guarda
• Drevar, de Eslovaquia
Queremos salientar que ao igual que noutras edicións precedentes, o Grupo Do Lusco ó Fusco acostuma a convidar a algún grupo proveniente de algún país extranxeiro. Nesta edición, como antes indicamos, o grupo convidado procede da localidade de Drevar (Eslovaquia), situada a preto de 3.000 quilómetros de distancia. A mesma que realizarán os compoñentes de Do Lusco ó Fusco, cando lles devolvan a visita. Dese xeito, grazas a música e a danza tradicional, o Encontro dos Pobos constitúe todo un vencello de amizade e intercambio cultural entre cidadáns de diversos países europeos, que ben merece todos os apoios institucionais e da cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario