27 de xul. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda lanza una campaña de sensibilización en saúde mental 

En colaboración coa Asociación Avelaíña 


O acto de presentación, que vén de ter lugar no concello guardés, contou coa presencia de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez concelleira de Educación; Patricia Cuña, técnica da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX); Clara Suárez e Rafael Álvarez, psicóloga e director xerente, respectivamente da Asociación Avelaíña

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda vén de dar a coñecer unha campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña.  

 O acto de presentación, que vén de ter lugar no concello guardés, contou coa presencia de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez concelleira de Educación; Patricia Cuña, técnica da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX); Clara Suárez e Rafael Álvarez, psicóloga e director xerente, respectivamente da Asociación Avelaíña.  

 Tratase dun vídeo cun formato de animación que resulta atractivo para a poboación máis xove, permitindo unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.  

 Desde o Concello transmítese unha gran preocupación polo empeoramento da saúde mental na mocidade, que lles faen chegar desde centros educativos e familias.   

 A adolescencia é unha etapa única e formativa e os cambios a nivel físico, emocional e social faen aos adolescentes vulnerables a sufrir problemas de saúde mental.  

 A situación provocada pola pandemia elevou os factores de risco debido a illamento, restricións, incerteza, falecemento de familiares ou amigos, risco da propia saúde, etc. 

 Un estudo . Estado Mundial da Infancia -  de Unicef de 2021, reflicte "(...) que a media de trastornos de saúde mental en xoves é en Europa do 13,2%, mentres que en España esa cifra elévase ata o 20,8%".

 Un estudo de Fundación Mutua Madrileña e Fundación FAD Juventud realizado a xoves, amosa que o 56,4% perciben que tiveron problemas psicolóxicos nos últimos 12 meses, pero a metade non pediu axuda profesional por vergoña, custe, ou non lle daban importancia.  

 O Concello contou para a elaboración do material da campaña, coa Asociación Avelaíña, entidade de referencia en saúde mental. 

 O vídeo compartirase nas redes sociais, medios de comunicación e farase chegar tamén aos centros educativos coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario