MAGNÍFICOS RESULTADOS DO GRUPO DE DANZA "DANSA"
NO CONCURSO PEQUESTRELAS
Redacción / A Guarda
O grupo de danza “Dansa” do Centro Deportivo Baixo Miño participou o sábado no concurso Pequestrelas organizado pola Xunta de Galicia.
Tras pasar previamente unha audición, o grupo “Dansa”, dirixido polo seu coreógrafo e profesor Rubén de Sá, e apoiado por Andrea, profesora de acrobacias do centro, conseguiu uns magníficos resultados case inmellorables. De tres coreografías coas que participaban, tres premios:
Premios grupais
1º Premio. Coreografía Whitney
3º Premio. Coreografía Piano
Premios individuais e dúos
2º Premio. Daniela Miniño. Premio especial á mellor actitude no escenario
Ningún comentario:
Publicar un comentario