9 de xul. de 2022

A GUARDA

A ERMIDA DE SANTA TREGA, PROTAGONISTA DA XXVI MOSTRA FILATÉLICA EXFIMIÑO

Que contará cun enteiro postal, selo e cuño postal conmemorativo


Selo adicado a ermida de Santa Trega

Cuño postal conmemorativo



Infogauda / A Guarda 

 Do 21 ao 25 de xullo celebrarase a XXVI Mostra Filatélica ExfiMiño, organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG) en colaboración coa Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) e o patrocinio do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra. 

 A exposición celebrarase no salón parroquial - con acceso pola rúa Antonio Alonso -, e contará cunha decena das mellores coleccións de Galicia. Entre elas hainas con medallas de ouro mundial, nacional e rexional.  




 Os participantes son: Almudena Taboada Lago, con Terra Australis Ignota; Luciano Lomba Vicente, con Estilos arquitectónicos relixiosos (en Europa e área de influencia); José María García Carreira, con Censura postal do correo civil nos EEUU durante a II Guerra Mundial 1941/45; Enrique Pérez Martínez, con Pomba, simboloxía e historia ao longo do tempo; Andrés García Pascual, con Prefilatelia de Galicia: Marcas de abono e Galicia século XIX-XX portes e franqueos insuficientes; José Ángel Gándara Rodríguez, con Colón, Rumbo ás Yndias; Teodosio González Ferreira, con Jack, unha historia inacabada; Marcelino Portela Lorenzo, con Entretementos;  e Marta Verde Rodríguez, con Algo máis que selos


Anverso e reverso do enteiro postal

 A inauguración, será o xoves día 21 de xullo ás 20:00, en cuxo acto presentarase un selo, un enteiro postal e un cuño conmemorativo da ermida de Santa Trega.  

 Con motivo da mostra, como é de costume, presentarase unha nova publicación do boletín ExfiMiño que conta coa colaboración do historiador guardés, Joaquín Miguel Villa Álvarez.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario