28 de xul. de 2022

A GUARDA

A Xunta Local de Seguridade celebrouse esta mañá no concello    

Maica Larriba garante un amplo dispositivo de seguridade para as Festas do Monte Santa Trega

· A romaría de subida ao monte contará cun escuadrón de cabalaría da Garda Civil, e Tráfico activará numerosos controis móbiles e aleatorios de alcohol e drogas nos principais accesos e saídas da localidade 


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu a Xunta Local de Seguridade do Concello de A Guarda, xunto o alcalde, Antonio Lomba e outras autoridades
Foto: S. de G.

 Infogauda / A Guarda 

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu a Xunta Local de Seguridade do Concello de A Guarda, xunto o alcalde, Antonio Lomba. Tamén asistiu o coronel xefe provincial da Garda Civil, Simón Venzal, e outros  responsables do corpo, así como da Policía Local e da seguridade municipal. O tema principal do encontro tivo relación coa celebración das súas tradicionais Festas do Monte Santa Trega que se recuperan tras dous anos sen terse celebrado por mor da pandemia de covid-19. Deste xeito, a xuntanza centrouse en promover e coordinar todas  as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade durante o desenvolvemento dos actos desde multitudinario evento que terán lugar entre o 6 e o 15 de agosto, cos días grandes nas xornadas do 12, 13 e 14.  

 Así, Maica Larriba supervisou os operativos necesarios para o bo desenvolvemento destes festexos, que pasan por establecer unha ampla coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil para garantir a seguridade. Entre as accións que se van levar a cabo, un escuadrón de cabalaría da Garda Civil participará no dispositivo do día grande da festa o domingo, día 14, coa romaría da subida ao monte. Do mesmo xeito, contarase coa presenza da compañía de reserva da comandancia de Pontevedra que reforzará o posto de A Guarda. 

 Doutra banda, a Garda Civil de Tráfico activará controis de circulación móbiles e aleatroios nos principais accesos e saídas da localidade, dispoñendo de varias patrullas para a realización de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención  pola posible falta de  responsabilidade  dalgúns  condutores.  Ademais, servirán de  apoio aos axentes da Policía Local, garantindo o bo desenvolvemento das actividades festivas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario