A CIG-Saúde de Vigo celebra unha asemblea para informar dos cambios no novo pacto de contratacións do Sergas
O encontro terá lugar este luns día 13 no local do sindicato ás 18h
Infogauda / Vigo
A federación de Saúde da CIG de Vigo celebrará este luns día 13 a última das asembleas convocadas para informar sobre as novidades que o Sergas pretende introducir no novo pacto de contratacións. O encontro terá lugar este luns día 13 no local do sindicato (Gregorio Espino, 47) ás 18:00 horas e poderán asistir todas as persoas interesadas.
Na asemblea abordaranse as alegacións presentadas pola central sindical en contra dos cambios que inclúe a proposta do Sergas na negociación do novo pacto de contratación. E tamén se informará sobre a OPE extraordinaria convocada no Sergas.
Dende a CIG lembran que este proceso de estabilización vaise levar a cabo a través de dous procesos diferenciados:
- Concurso de méritos: inclúense as prazas ocupadas anteriores a 01/01/2016.
- Concurso-oposición: inclúense as prazas ocupadas nos tres anos anteriores ao 31/12/2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario