TENIS
O CLUB DE TENIS CODESAL CAMPIÓN GALEGO ALEVÍN DE DIVISIÓN DE HONRA
José Luis Milego Suárez / Camposancos (A Guarda)
As pistas do Club de Tenis Codesal, na Guarda vestíronse de gala con gran afluencia de público, para presenciar a final do Campionato Galego de Tenis alevín masculino, clasificatorio para o Campionato de España, que disputaron o equipo local e o Ureca que viña de eliminar ao Club Casino da Coruña.
O Tenis Codesal, nuns vibrantes partidos individuais, impúxose por un contundente 4-0, o que levou ao club do Baixo Miño, a proclamarse campión galego por primeira vez na súa longa traxectoria, en categoría alevín división de honra.
O equipo formado por Marcos Pacheco, Lucas Brandón, Pablo Martínez, Pablo Fajar, Álvaro Romeu e Leví Domínguez, puxeron broche final a unha gran tempada, que se suma ao Campionato Galego conseguido polo equipo benxamín masculino, e a clasificación para o Campionato de España individual do alevín Marcos Pacheco, que se disputará no Club de Tenis Almería a mediados deste mes de xuño.
Sen dúbida, un gran éxito que culmina o traballo coa base do tenis e que se verá reflectido nas pistas do Real Murcia C.T., durante o mes de agosto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario