A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ELEVA A 60.000 EUROS A APORTACIÓN PARA A VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES ARTISTAS NO MARCO DE VIGO
A institución aumenta en 10.000 euros a contía, destinada a mostras temporais, visitas guiadas, programación escolar e para persoas con necesidades específicas, e obradoiros
Infogauda / Vigo
Tamén está programada a exhibición da terceira mostra froito da colaboración da Deputación co MARCO. Trátase de “Desapego” de Andrea Costas Lago, que reúne un conxunto heteroxéneo de imaxes fotográficas, instalacións e vídeos nos que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade, deixando constancia das oportunidades e desafíos que representa.
Visitas guiadas ás exposicións
Outro dos eixos do apoio da Deputación é a organización de visitas guiadas diarias a cargo do persoal do museo, abertas ao público en xeral, durante o período de vixencia das exposicións temporais. Ademais a colaboración en torno ás mostras inclúe a programación para escolares, visitas e actividades para grupos con necesidades específicas, e obradoiros infantís dirixidos ao público familiar. Por outra banda, a aportación recolle as mostras bibliográficas e documentais, con selección de catálogos e publicacións, que a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO presenta en paralelo ás exposicións temporais.
A Deputación apoia ao MARCO como un dos grandes referentes da cultura na provincia e en Galicia. En 2020 o seu compromiso de colaboración estable materializouse nun convenio anual por 50.000 euros co Concello de Vigo para a programación de exposicións, actividades paralelas, visitas guiadas, publicación de materiais e outras accións como a adquisición de obra de artistas, unha aportación vencellada en todos os casos á promoción de mulleres creadoras que a institución provincial renovou en 2021, e que vén de incrementar este 2022.
Ningún comentario:
Publicar un comentario