Fernández-Tapias recibe á goleta “Atyla” na súa viaxe para iniciar a ruta Iacobus Maris Xacobeo 21-22
A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu ao Peirao de Transatlánticos para saudar á tripulación do barco que participará na travesía desde Xénova o 25 de xuño e que chegará á cidade olívica o 23 de xullo
Infogauda / Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este xoves ao peirao de Transatlánticos para recibir á goleta “Atyla” na súa viaxe de preparación para participar na ruta Iacobus Maris Xacobeo 21-22. Acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidenta da Fundación Traslatio, Mario Cardama, a representante autonómica deu a benvida á tripulación á cidade que os verá chegar de novo o vindeiro mes de xullo.
“É unha marabilla que empecen a chegar barcos como a goleta `Atyla´ ao noso porto, que ademais van facer o camiño inverso ata Xénova, como nos contaba o capitán. Para empezar o día 24 a Iacobus Maris. Todos desexamos que cheguen xa á nosa cidade, que entren os veleiros, buques escola e goletas pola nosa ría e que podamos gozar todos os vigueses e viguesas dese espectáculo que vai ser único. Imos rememorar aquelas épocas, como na saída da Volvo Ocean Race, nas que chegaban a Vigo grandes veleiros, e creo que vai ser algo que quede na retina de todos”, finalizou Fernández-Tapias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario