EN BUSCA DE RECURSOS SOLIDARIOS
Está a realizarse unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros nos distintos concellos de Tomiño, O Rosal e Tui. Son nestes últimos onde esta fin de semana, o venres día 3 e sábado día 4, nos Supermercados: Gadis, en Tui; e Froiz no Rosal, onde se poderán entregar alimentos non perecedoiros nunha nova OPERACIÓN QUILO.
Estas recollidas de alimentos non perecedoiros están a ser de gran axuda para repoñer os nosos andeis case baleiros, para cubrir as necesidades de familias con escasos recursos.
Os alimentos que máis necesitamos son: leite, aceite, cacao, conservas vexetais, legumes, conservas,...
Os voluntarios da Asociación Asistencial SOS TOMIÑO - BAIXO-MIÑO, estarán presentes en todo momento para informar e recoller os alimentos.
Toda colaboración é ben recibida, moitas grazas por a vosa contribución desinteresada en favor de SOS TOMIÑO BAIXO-MIÑO.
Agradecémosvos a vosa achega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario