3 de xuño de 2022

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O cardiólogo compostelán Carlos Pena Gil recollerá o luns o II Premio Ramiro Carregal, de Investigación en Cardioloxía   

A gala terá lugar este luns, 6 de xuño, ás 19.30  horas no Hostal Parador, de Santiago de Compostela  

O Premio, dotado con 20.000 euros e galardón acreditativo, corresponde á edición do ano pasado cuxa entrega se atrasou pola situación sanitaria  


 Diego López recolleu o primeiro Premio Ramiro Carregal de Cardioloxía en 2019

Teresa Rocamonde / Santiago de Compostela 

 O Hostal dos Reis Católicos, de Santiago acollerá este luns día 6 de xuño, a entrega do Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía “Enfermidades valvulares cardíacas Ramiro Carregal”, un galardón que recaeu nesta segunda edición no proxecto presentado polo equipo que lidera o Dr. Carlos Pena Gil, cardiólogo clínico promotor e responsable da Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). O premio, dotado con 20.000 euros, supoñerá unha importante axuda para o proxecto, denominado “Mellora continua da calidade na xestión integral do proceso de  estenosis  aórtica  sintomática”.   

 A entrega do premio terá lugar este luns na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, de Santiago e contará coa asistencia, ademais do equipo premiado e do empresario e mecenas Ramiro Carregal; do conselleiro de Sanidade, Julio García  Comesaña; e os responsables da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (Fidis),  Eloína Núñez e o José Ramón González Juanatey, xefe do Grupo de Investigación en Cardioloxía do Instituto para el Desarrollo e Integración de la Sanidad (IDIS).  

 O II Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía foi fallado e entregado o pasado ano 2021 pero o acto de recoñecemento público atrasouse ata que a situación sanitaria ha permitido celebralo coa debida seguridade e tranquilidade. Este ano convocouse xa a terceira edición dun certame que trata de mellorar as patoloxías cardíacas que afectan a un gran número de persoas e que van en aumento en consonancia co incremento da esperanza de vida da poboación.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario