3 de xuño de 2022

OIA

Nova cita cos curros este domingo en Torroña  


Este domingo día 5 de xuño celebrarase o tradicional curro de Torroña
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 Este domingo día 5 de xuño celebrarase o tradicional curro de Torroña, que prevé reunir un total de 700 bestas e 200 poldros. Como vén sendo habitual, esta rapa terá lugar o primeiro domingo de xuño, sendo o segundo curro da tempada.   

 Desde as 9.00 horas comezarase a xuntar os cabalos para conducilos ata o recinto do curro de Torroña (parroquia de Burgueira), a onde chegarán sobre as 11.30h. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, desenvolveranse as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte. 

 A xornada, gratuíta para o público asistente, transcorrerá no seu tradicional ambiente festivo, tal e como vén sendo habitual todos os anos a excepción dos momentos nos que as restricións pola COVID-19 obrigaron a celebrar estas rapas das bestas sen público.  

 Despois dos curros da Valga (8 de maio) e  Torroña (5 de xuño), o 12 de xuño celebrarase o de Mougás. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario