Carlos Taibo chega a O Rosal coa súa conferencia “Decrecemento e colapso”
A charla terá lugar no Centro Polivalente do Rosal o mércores día 8 de xuño ás 20:30h
Infogauda / O Rosal
O Centro Polivalente do Rosal, acollerá o vindeiro mércores día 8 de xuño, ás 20:00 horas, a conferencia “Decrecemento e colapso”, unha reflexión sobre a globalización e a situación actual, cun convidado de luxo: Carlos Taibo.
Taibo foi profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid ata 2018, é autor dunha vintena de títulos e é, ademáis, un editor dunha grande reputación.
Firme partidario dos movementos de decrecemento, antiglobalización, da democracia directa e do anarquismo, Carlos Taibo achegará a súa versión sobre a lóxica do crecemento económico, que, segundo o experto, afecta a todas as esferas: dende a social ata a económica ou a política, e cómpre afastalo do progreso e do benestar.
A actividade será gravada para, posteriormente, pór na páxina electrónica do Concello.
Non é preciso realizar inscrición previa. A entrada será libre ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario