O Rosal dille fóra aos plásticos
O salón de exposicións acolle ata o 28 de xuño unha mostra creada polo Centro San Xerome Emiliani en colaboración con centros escolares do Rosal e A Guarda para concienciar sobre o uso deste material
Infogauda / O Rosal
O salón de exposicións acollerá dende este martes 21 ata o vindeiro 28 de xuño a exposición ‘Fóra plásticos!’, unha mostra creada polo Centro San Xerome Emiliani coa colaboración doutros nove centros educativos da comarca e do Concello do Rosal, de A Guarda e de ANABAM, co obxectivo de concienciar á sociedade sobre o uso desmesurado dos plásticos.
O
proxecto, denominado como a exposición, ‘Fóra plásticos!’, promoveu a relación
entre diferentes centros da contorna para facer fronte común no coidado do
medio ambiente e desenvolver actividades como a limpeza de plásticos preto dos
colexios participantes, promover a cultura da reciclaxe ou sensibilizar á
poboación con esta mostra conxunta que agora chega ao Rosal. Na mostra
participan ademais do Centro San Xerome Emiliani, A Galiña Azul O Rosal, o CRA María
Zambrano, o CPI Manuel Suárez Marquier, o CEIP A Sangriña, Padres Somascos –
Fundación Educere, o CEIP Plurilingüe As Solanas, o CEIP Manuel Rodríguez
Sinde, a Fundación Vedruna Educación e o CEIP Pintor Antonio Fernández.
Con
esta exposición os centros participantes buscan que mocidade e infancia sexan
os protagonistas do cambio, tentando concienciar e sensibilizar ao resto da
poboación sobre o consumo desorbitado dos plásticos na sociedade, un problema
grave que afecta ao medio ambiente e ao mantemento da vida no planeta.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a visitar a mostra, que estará aberta ao público de luns a xoves de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas. “Debemos concienciar á poboación da problemática que supón o abuso excesivo dos plásticos e que coñezan iniciativas que lles poden animar a nivel individual a reducir o consumo e uso destes residuos”, salientou a rexedora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario