20 de xuño de 2022

A GUARDA

Contacontos para pechar o ciclo “Sostendo o futuro” 

Terá lugar na praia do Forte (Camposancos), o xoves día 23 de xuño ás 18:30 horas, non sendo precisa inscrición previa. En caso de choiva o evento trasladase ao Centro Cultural.  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vai pechar este mes de xuño o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro programando para o día 23 un contacontos na praia do Forte, dirixido os mais pequenos onde ofreceranse dúas propostas.  

 O contacontos está baseado no libro de temática medioambiental “Os nosos bosques”,  da editorial Miudiño, onde amosan a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalos e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio,…, para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país, falarase do respecto pola natureza a posta en valor dos bosques como recurso. 

 A segunda proposta é “Os nosos mares”, onde amosa a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños, para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país. Este contacontos complementarase con algún xogo que vaia na temática e co entorno da praia do Forte onde se realizará esta actividade.  

 Para rematar daráselle de agasallo aos participantes uns ramiños das flores de San Xoán, para fomentar as nosas tradicións, detalle que será feito en colaboración coa Asociación Cultural Alfombras da Guarda.  

 En caso de choiva o evento trasladase ao Centro Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario