O CPI Manuel Suárez Marquier inaugurou tres innovadores espazos
Trátase dun aula croma 360º, un aula estudo de gravación e unha horta
O acto inaugural tivo ao divulgador Jorge Mira como mestre de cerimonia e contou coa presenza da alcaldesa do Rosal e do Xefe Territorial de Educación de Pontevedra da Xunta
Infogauda / O Rosal
O CPI
Manuel Suárez Marquier está de estrea. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández
Callís; o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra da Xunta de Galicia, César Augusto Pérez Ares; Paz Fernández, da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de
Cultura, Educación e Universidade; e o director, Xosé Tomás, acompañaron á
dirección e alumnado do centro nunha xornada de inauguración tripla de tres
espazos creados durante este curso.
Co
catedrático de Física e divulgador científico Jorge Mira como mestre de
cerimonia, o centro presentou a súa innovadora aula croma 360º, unha clase
adaptada ao 100% que permitirá ao alumnado gravar e editar vídeos como
ferramenta educativa. Ademais, o CPI conta tamén cun aula-estudo de gravación
de música chamado ‘Asalto de mata’ e con ‘A despensa da Mata’, unha horta
escolar.
Todos
estes espazos foron creados a comezos deste curso, polo que ao longo dos
últimos meses o alumnado xa realizou un importante número de producións,
dinámicas de traballo e experiencias pedagóxicas nas novas instalacións, así
como producións audiovisuais, gravacións musicais, experimentos botánicos ou
cultivos.
O
público participante foi recibido a ritmo de frauta en vivo, música que deu
paso á presentación dos espazos e a un percorrido por todos eles ao que foron
convidados representantes de toda a comunidade educativa, dende alumnado e
familias ata ANPA, persoal docente e non docentes e membros do club de lectura
e cine, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario