Constituída a Comisión do Irmandamento entre o Concello de A Guarda e a Câmara de Póvoa de Varzim
Os actos centrais na Póvoa de Varzim terán lugar o 29 e 30 de xuño, e na Guarda faránse coincidir coa celebración da romería de Santa Trega o 23 de setembro, e a celebración dun Pleno Extraordinario o 24 de mesmo mes
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, venres 10 de xuño de 2022, quedou constituída a Comisión de Irmandamento entre o Concello de A Guarda e a Câmara de Póvoa de Varzim.
Esta comisión está integrada polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; un representante de cada un dos grupos municipais e un representante - Tomás Núñez González - da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.
A Comisión de Irmanamento acordou autorizar ao alcalde de A Guarda na sinatura da “Minuta de Acordo de Geminaçâo” (en galego, Proxecto de Acordo de Irmandamento), que terá lugar o próximo 29 de xuño en Póvoa de Varzim.
Ao respecto, desde o Concello de A Guarda indican: “Este irmandamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da Asociación Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente o equipo de goberno de A Guarda púxose en contacto con representantes da Cámara de Póvoa de Varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de irmandamento, pero debido á pandemia do Covid houbo que retrasar a súa celebración ata o 2022.”
Os actos centrais na Póvoa de Varzim terán lugar o 29 e 30 de xuño, e na Guarda faránse coincidir coa celebración da romería de Santa Trega o 23 de setembro, e a celebración dun Pleno Extraordinario o 24 de mesmo mes.
Desde o Concello de A Guarda salientan que “a relevancia deste irmandamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos, incrementar as relacións culturais, fomentar un turismo mutuo entre os cidadáns de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables da xestión municipal coa finalidade de propiciar o intercambio de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario