29 de xuño de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda subscribe un convenio para a limpeza de locais municipais 

Co Centro Especial de Emprego San Jerónimo Emiliani, S.L.U.  


O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o representante do Centro Especial de Emprego (CEE) San Jerónimo Emiliani, S.L.U., Feliciano Valcárcel Portela, no momento de firma do convenio, en presenza da concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o representante do Centro Especial de Emprego (CEE) San Jerónimo Emiliani, S.L.U., Feliciano Valcárcel Portela, realizaron na xornada de onte, martes día 28 de xuño, a firma do convenio de colaboración para que esta entidade sexa a responsable da limpeza de locais municipais como actividade promocional baixo o Servizo de Portas Abertas, promovendo deste xeito o novo servizo de limpeza que oferta esta entidade.  

 Unha iniciativa que xurde da necesidade de dar visibilidade a un colectivo que traballa dende fai moitos anos con persoas con diversidade intelectual no municipio de A Guarda e na bisbarra do Baixo Miño, favorecendo a satisfacción, o desenrolo e o fomento da súa autonomía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario