7 de xuño de 2022

A GUARDA

Segundo afirman dende o BNG

A GUARDA NON DEBE RENUNCIAR A  CASE 15.000 m² DE SOLO PARA DOTACIÓNS NO CENTRO DA VILA

Beatriz Lomba (responsable local do BNG): “PSOE e  PP, pretenden  convencer de  que 3.000 m² son máis ca 15.000 m². Presentaremos alegacións para tratar de  parar este  despropósito urbanístico”  


Beatriz Lomba Rodríguez, responsable local do BNG na Guarda

Infogauda / A Guarda

 A responsable local do BNG na Guarda, Beatriz Lomba Rodríguez, vén de sair ao paso das declaracións feitas nos últimos días, por distintos membros do goberno municipal do PSOE, e tamén do PPsobre a Finca de Fínola e o PERI número 5 onde se ubica esta parcela.  

 A nacionalista reafírma as posicións que ben mantendo o BNG e manifesta: “En  contra do que pretenden vendernos o PSOE e o PP, desenvolver o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) nº 5 permítelle ao Concello dispoñer de case 15.000m2 de solo no centro da vila. A Guarda non debe renunciar a este terreo público moi necesario para dotacións, zonas verdes e aparcamentos, que ademais  permitirá no futuro a súa conexión coa Alameda”.  

 Beatriz Lomba, noutro momento da súa intervención dixo: “Non sabemos que escuras intencións moven ao PSOE e o  PP desde o ano 2018, para malgastar primeiro 300.000€ comprando Fínola e agora separándoa do PERI, nº 5 renunciando deste xeito a casi 15.000 m2  de solo público no centro da Guarda que lle saen gratis ao Concello”.  

 A nacionalista rematou concluíndo: “PSOE e  PP, pretenden  convencer de que 3.000 m² son máis ca 15.000 m². Presentaremos alegacións para tratar de  parar este despropósito  urbanístico” .

Ningún comentario:

Publicar un comentario